Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 5 de agosto de 2015 Páx. 32265

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1892/2012).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 1892/2012

Xulgado de orixe/autos: demanda 581/2011. Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: José Manuel Rodríguez Garea

Avogado: Emilio Carrajo Lorenzo

Recorridos: Iberia, Líneas Aéreas de España, S.A., Newco Airports Services, S.A.

Avogado: Urbano Blanes Aparicio

Procurador: Javier Bejerano Fernández

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1892/2012 desta sección, seguido por instancia de José Manuel Rodríguez Garea contra Iberia, Líneas Aéreas de España, S.A., sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é a que segue:

Resolvemos que, estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto polo letrado Emilio Carrajo Lorenzo, que actúa en nome e representación de José Manuel Rodríguez Garea, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, con data do 25 de novembro de 2011, en autos 581/2011, seguidos por instancia do recorrente contra as empresas Iberia, Líneas Aéreas de España, S.A. e Newco Airports Services, S.A., sobre outros dereitos laborais-cantidade, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza impugnada, estimamos parcialmente a demanda e condenamos a demandada, Iberia L.A.E., S.A., a que a subrogación operada de José Manuel Rodríguez Garea o sexa con categoría de xefe de axentes de servizos auxiliares B, nivel profesional 8, no canto da recoñecida de axente de servizos auxiliares, nivel 1F, e a que lle aboe a cantidade de 3.720,70 € en concepto de diferenzas retributivas do período comprendido entre o 22 de xuño de 2009 e o 28 de febreiro de 2011, así como a que lle aboe ao demandante o 10 % da cantidade obxecto de condena, en concepto de xuros, en cómputo anual e desde o 14 de marzo de 2011 ata a data desta sentenza, desestimando o recurso formulado e mantendo o pronunciamento absolutorio da sentenza, en canto á subrogación solicitada no desempeño da xornada ordinaria, con efectos do 22 de xuño de 2009, e a absolución da empresa Newco Airports Services, S.A.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para impugnar, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Para que así conste para efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Newco Airports Services, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de xullo de 2015

A secretaria xudicial