Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 6 de agosto de 2015 Páx. 32461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Agolada (expediente IN407A 2015/96-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica do Arnego, S.L.

Domicilio social: praza Maior 12, 36520 Agolada.

Denominación: ampliación de potencia do CT Cartimil.

Situación: Agolada.

Características técnicas: ampliación de potencia do centro de transformación situado en Cartimil, Ventosa, Agolada, a 75 kVA con RT 20 kV/400 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo, avenida. Fernández Ladreda 43-5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 18 de xuño de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra