Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 6 de agosto de 2015 Páx. 32462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 15 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica acordo de suspensión do procedemento no expediente sancionador 2015162TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 5 de xuño de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a acordo de suspensión do procedemento no expediente sancionador 2015162TA-CO incoado a Ricardo Vázquez Vigo (Discoteca Don Juan Vintage).

Intentada a notificación do acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Ricardo Vázquez Vigo o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 15 de xullo de 2015

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2015162TA-CO.

Interesado: Ricardo Vázquez Vigo (Discoteca Don Juan Vintage).

DNI/NIF/CIF: 33194458F.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa dos Cabalos, 14, 15705 Santiago de Compostela.

Contido: acordo de suspensión do procedemento.