Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 6 de agosto de 2015 Páx. 32464

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 15 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015116AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 26 de xuño de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2015116AL-CO incoado a Audama Servicios de Hostelería, S.L.L.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Audama Servicios de Hostelería, S.L.L. o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 15 de xullo de 2015

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2015116AL-CO.

Interesada: Audama Servicios de Hostelería, S.L.L. (Cervecería Gambrinus).

DNI/NIF/CIF: B70426325.

Último enderezo coñecido: Frei Rosendo Salvado, 12, 15701 Santiago de Compostela.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO núm. 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO núm. 204, do 4 agosto de 2007): capítulo II: artigo 4. 3) d), artigo 5. 1. 2.a) b) c) d) e) f) g), 3. 4.a) b) c) 5, anexo II: capítulo II: 1. f) capítulo V: 1. a) b) c) d) 2. 3. Capítulo VI: 2. Capítulo IX: 2. 3. 5. 7.

– Regulamento (CE) 178/2002, da Comisión do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DOUE núm. 31, do 1 de febreiro): artigo 18. 1. 2. 3. 4. 5.

– Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE núm. 11, do 12 de xaneiro de 2001): artigo 6. 2. Artigo 7. 1. a) b) c) d) 2. 3. 4. Artigo 10. 1. 2. a) b) c) d) e) f) g) 3.

– Regulamento (UE) 1169/2011, do 25 de outubro (DO núm. 304, do 22 de novembro), sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor: artigo 6, capítulo IV: sección 1: artigo 9 1. a) b) c) d) e) f) g) h) i) j) k) l) 2. 3. 4.

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo): artigo 50. 1. a) d) e), artigo 51. 1. 1- 3- 4- 10-.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 300 €.