Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 6 de agosto de 2015 Páx. 32467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publica a formalización do contrato de servizo de restauración, limpeza e acondicionamento das instalacións do albergue xuvenil As Sinas, servizo de restauración, limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións do campo de traballo Illas Cíes, campamento xuvenil A Illa de Ons e campamento xuvenil Pontemaril (expediente 27/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, publícase a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

Número de expedientes: un.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: restauración, limpeza e acondicionamento das instalacións do albergue xuvenil As Sinas, servizo de restauración, limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións do campo de traballo Illas Cíes, campamento xuvenil A Illa de Ons e campamento xuvenil Pontemaril.

c) CPV: non.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 64, do 7 de abril de 2015.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Adxudicación.

– Expediente 27/2015: servizo de restauración, limpeza e acondicionamento das instalacións do albergue xuvenil As Sinas, servizo de restauración, limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións do campo de traballo Illas Cíes, campamento xuvenil A Illa de Ons e campamento xuvenil Pontemaril.

Adxudicataria: Galicia Vella de Inversiones y Logística, S.L.

Data de adxudicación: 11 de maio de 2015.

Data de formalización do contrato: 9 de xuño de 2015.

Importe de adxudicación: 229.631,00 € (IVE 10 %: 22.963,10 €), total 252.594,10 € para o verán de 2015.

Nacionalidade: española.

Vigo, 15 de xullo de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo