Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 7 de agosto de 2015 Páx. 32652

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Familia e Inclusión, pola que se publican os acordos do Padroado da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga) do 2 e do 5 de marzo de 2015, polos que se convoca un posto de persoal directivo vacante na fundación (director/a xerente), para a súa cobertura, e se aproban as bases reguladoras da convocatoria.

En virtude do artigo 22 dos estatutos da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas-Funga, o padroado da fundación, na súa reunión extraordinaria do 2 de marzo de 2015, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Convocar un proceso selectivo, conforme os principios establecidos nos artigos 52, 53, 54, 55 e 59 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, para a cobertura do posto que se indica no anexo I desta resolución, regulado no artigo 28 dos estatutos da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas-Funga, aprobados polo padroado da fundación na súa xuntanza extraordinaria levada a cabo o 24 de abril de 2013.

Segundo. Encargar ao tribunal avaliador que asuma a responsabilidade de pilotar o adecuado desenvolvemento do proceso selectivo de referencia, o que implica realizar todas as actuacións encamiñadas á súa axeitada tramitación, así como ditar cantas resolucións ou actos necesarios para o bo fin do procedemento.

Terceiro. Encomendar á Dirección Xeral de Familia e Inclusión, como órgano competente para «o seguimento da xestión da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas-Funga», tal como dispón o artigo 29.1.f) do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, a elaboración dunha proposta de bases reguladoras do proceso de selección dun/dunha novo/a director/a-xerente da fundación, para ser sometida á aprobación do seu padroado nunha vindeira xuntanza.

Igualmente, de acordo do artigo 22 dos estatutos da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas-Funga, o padroado da fundación, na súa reunión extraordinaria do 5 de marzo de 2015, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro e único. Aprobar as bases reguladoras da convocatoria do proceso selectivo para o posto de director/a-xerente da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas-Funga, de conformidade coa proposta elaborada pola Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

As ditas bases do proceso de selección, que contan co informe favorable da Dirección Xeral da Función Pública do 20 de xullo de 2015, inclúense no anexo II.

Para participar nesta convocatoria os candidatos e candidatas utilizarán o modelo de solicitude que se inclúe no anexo III.

De conformidade con todo o exposto anteriormente, a Dirección Xeral de Familia e Inclusión, como órgano competente para “o seguimento da xestión da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas-Funga”, tal como dispón o artigo 29.1.f) do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, acorda a publicación dos acordos do Padroado da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas-Funga do 2 e do 5 de marzo de 2015, polos que se convoca un posto de persoal directivo vacante na fundación (director/a-xerente), para a súa cobertura, e se aproban as bases reguladoras da convocatoria.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2015

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia e Inclusión

ANEXO I

Denominación do posto: director/a xerente.

Dependencia: Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Forma de provisión: personal directivo (artigo 28 dos estatutos da Funga).

Tipo de personal: funcionario (subgrupo A1)/alta dirección.

ANEXO II
Bases reguladoras da convocatoria da selección para o posto de director/a xerente da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas

1. Obxecto da convocatoria.

A presente convocatoria ten por obxecto a cobertura do posto de director/a xerente da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas.

2. Funcións do/da director/a xerente.

O director/a xerente da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga) configúrase como o principal órgano unipersoal de xestión da fundación e desenvolverá as funcións previstas no artigo 25 de Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

3. Requisitos dos/as aspirantes.

Os/as aspirantes deben reunir os requisitos seguintes:

a) Ter nacionalidade española, ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de idade dependentes. Así mesmo, poderán participar os estranxeiros con residencia legal en España.

b) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitacións físicas ou psíquicas incompatibles co desempeño das correspondentes funcións.

c) Ter cumpridos os dezaseis anos.

d) Non ter sido separado/a do servizo de calquera administración pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas. Os/as aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos/as a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

e) Non atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para emprego ou cargo público por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario/a ou para exercer funcións similares ás que desenvolvían no caso de persoal laboral, no que fose separado/a ou inhabilitado/a.

f) Estar en posesión dunha titulación superior universitaria, en calquera dos seguintes graos: Dereito, Economía, Administración e Dirección de Empresas ou Dirección e Xestión Pública, ou titulacións homologadas a estas áreas de coñecemento.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación ou validación, de ser o caso.

Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes como no de toma de posesión ou formalización do contrato.

4. Solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no Rexistro Único e de Información do Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Neste caso deberá remitirse por fax ao número 981 54 46 34, e antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, a solicitude rexistrada e a relación individualizada dos méritos que se aleguen.

A solicitude deberá reunir todos os datos de identificación requiridos.

Na solicitude os/as aspirantes deberán presentar declaración responsable de que reúnen todos e cada un dos requisitos exixidos.

A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras e, ao abeiro do establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, implicará a autorización ao tribunal avaliador para comprobar os datos de carácter persoal que figuren no documento DNI/NIE da persoa que teña a condición de interesada, por medio do acceso telemático ao servizo horizontal de acceso ao Sistema de verificación de datos de identidade e de residencia do Ministerio de Administracións Públicas. Non obstante, o/a solicitante poderá denegar expresamente o consentimento; daquela, deberá presentar, xunto coa solicitude, unha copia cotexada do documento de identidade en vigor.

Así mesmo, deberá presentar copia cotexada do título universitario exixido ou certificación académica que acredite ter realizados os estudos para a obtención do título ou, de ser o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do título académico.

Coa solicitude tamén deberá relacionar de xeito individualizado cada un dos méritos que aleguen e presentar a documentación acreditativa destes para a súa valoración, ben orixinal ou ben fotocopia cotexada.

Así mesmo, coa solicitude terá que achegarse o curriculum vitae do solicitante e o plan de actuación (recollido no punto 7 das presentes bases) en soporte papel e en formato electrónico.

A formación acreditarase mediante a presentación de orixinais ou fotocopia cotexada dos títulos ou certificados que se aleguen.

A experiencia profesional acreditarase mediante a presentación do informe de vida laboral ou certificado de aboamento de cotas ao réxime de autónomos se se alegan servizos profesionais por conta propia, contratos de traballo por conta allea ou propia ou acta de toma de posesión de cargos públicos ou funcionario público e certificado de servizos prestados, se é o caso.

Non se valorarán aqueles méritos que non estean acreditados conforme o disposto anteriormente, nin aqueles posteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

O domicilio que figure nas instancias considerarase como o único válido para os efectos das notificacións e serán responsabilidade do/a aspirante tanto os erros na súa consignación como a comunicación de calquera cambio.

O prazo para a presentación de solicitudes será de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

5. Admisión de aspirantes.

Tras a finalización do prazo de presentación das solicitudes de participación, o tribunal avaliador ditará resolución en que se aproben as listas provisionais de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión.

A lista publicarase na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar, no portal de Benestar (http://benestar.xunta.es/web/portal/portada-sala-comunicacion) e as persoas interesadas disporán dun prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación na páxina web, para presentaren as reclamacións que consideren oportunas.

Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase resolución en que se aprobe a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas.

Esta resolución farase pública na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar, no portal de Benestar (http://benestar.xunta.es/web/portal/portada-sala-comunicacion).

6. Tribunal de selección.

O tribunal de selección é o nomeado polo Padroado da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas na súa reunión do 2 de marzo de 2015 e ten as funcións atribuídas no acordo adoptado na dita reunión para tales efectos. Son de aplicación a este órgano as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos órganos de selección do 11 de abril de 2007, modificadas polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2010.

O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral da Función Pública determinará o número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

7. Procedemento selectivo.

Unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos exixidos, a selección efectuarase polo procedemento de concurso, que consistirá na valoración dos méritos alegados e acreditados polos/as aspirantes, que se puntuarán de acordo co baremo sinalado a seguir, cuxa puntuación máxima é de 100 puntos.

O procedemento selectivo constará de tres fases:

7.1. 1ª fase: baremación de méritos alegados (ata un máximo de 60 puntos):

A puntuación máxima é nesta primeira fase de 60 puntos e será necesaria a obtención dun mínimo de 30 puntos para superala. Os/as aspirantes que non acaden a puntuación anterior quedarán eliminados do proceso selectivo.

A valoración dos méritos desenvolverase conforme a seguinte distribución.

7.1.1. Formación (puntuación máxima de 20 puntos).

– Por asistencia a cursos impartidos por todo tipo de organismos ou entidades cunha duración igual ou superior a 20 horas lectivas nos ámbitos do dereito ou de xestión económico-financeira: 0,07 puntos por cada hora ata acadar o máximo previsto.

7.1.2. Experiencia (puntuación máxima de 40 puntos).

– Por experiencia laboral de, cando menos, 1 ano en tarefas directivas en entidades públicas ou privadas: 5 puntos por cada ano ata acadar un máximo de 20 puntos.

– Por experiencia laboral de, cando menos, 5 anos en tarefas xurídicas ou económicas ou calquera outra do eido xurídico ou financeiro que poidan considerarse inherentes ao desenvolvemento das funcións recollidas previstas no artigo 25 de Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, tanto en entidades públicas coma en entidades privadas: 5 puntos por cada ano ata acadar un máximo de 20 puntos.

7.1.3. A relación provisional coas puntuacións obtidas polos/as aspirantes publicarase na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar e as persoas interesadas disporán dun prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación na páxina web, para presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase resolución aprobando a lista coas puntuacións definitivas da 1ª fase. Esta resolución farase pública na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar, portal de Benestar.

7.2. 2ª fase: proxecto de xestión (ata un máximo de 30 puntos).

7.2.1. A puntuación máxima nesta segunda fase é de 30 puntos e será necesaria a obtención dun mínimo de 15 puntos para superala. Os/as aspirantes que non acaden a puntuación anterior quedarán eliminados do proceso selectivo.

7.2.2. As persoas aspirantes deberán presentar un proxecto de xestión ordinaria e administrativa no marco das actividades da Funga. O plan non poderá superar os 50 folios de extensión, a dobre espazo por unha soa cara, letra Arial, tamaño 12.

7.2.3. O proxecto de xestión valorarase conforme os seguintes criterios:

– Pertinencia, entendida como a adecuación dos obxectivos do proxecto proposto ás funcións inherentes do director/xerente da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas.

– Viabilidade, entendida como unha axeitada identificación e tratamento das condicións económicas, materiais, técnicas e humanas necesarias para afrontar as tarefas e conseguir os obxectivos que se propoñen no proxecto proposto.

– Eficacia, entendida como grao previsible de consecución dos obxectivos e resultados propios do proxecto proposto.

– Eficiencia, entendida como relación existente entre os obxectivos e os recursos que se estiman para acadalos.

– Coherencia e grao de consistencia entre os diversos compoñentes do proxecto proposto en relación cos fins que se propoñen.

7.2.4. A relación provisional coas puntuacións obtidas polos/as aspirantes publicarase na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar, no portal de Benestar
(http://benestar.xunta.es/web/portal/portada-sala-comunicacion) e as persoas interesadas disporán dun prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación na páxina web, para presentaren as reclamacións que consideren oportunas.

Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase resolución aprobando a lista coas puntuacións definitivas da 2ª fase. Esta resolución farase pública na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar, no portal de Benestar (http://benestar.xunta.es/web/portal/portada-sala-comunicacion). Os/as candidatos/as que superen as dúas primeiras fases do procedemento selectivo serán convocados, nun prazo máximo de tres días hábiles desde a publicación da lista coas baremacións definitivas, para a defensa do seu proxecto de xestión.

7.3. 3ª fase: defensa do proxecto de xestión (ata un máximo de 10 puntos).

A data e lugar establecidos para a defensa dos plans de actuacións serán publicados na web da Consellería de Traballo e Benestar, no portal de Benestar (http://benestar.xunta.es/web/portal/portada-sala-comunicacion) cunha antelación mínima de vinte e catro horas á sinalada para o seu inicio.

Os/as candidatos/as deberán presentarse á proba provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade. Deberán presentar nun tempo máximo de 20 minutos o seu plan, e responder a todas aquelas preguntas e cuestións que permitan valorar a idoneidade da proposta, sen que o tempo de resposta compute para os efectos da duración prevista neste punto.

8. Cualificación e lista de persoas seleccionadas.

A cualificación final virá determinada pola suma das puntuacións obtidas en cada unha das fases.

En caso de empate na puntuación total, dirimirase a favor da persoa que obteña maior puntuación nas distintas fases do procedemento selectivo e pola orde establecida nel. De persistir o empate, resolverase por sorteo.

Unha vez finalizado o proceso de selección, o tribunal publicará na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar as puntuacións obtidas polos aspirantes con indicación do candidato/a seleccionado/a. Establécese un prazo de tres días hábiles desde a publicación para presentar alegacións. A estimación ou desestimación entenderase implícita na resolución definitiva.

O tribunal elevará ao Padroado da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas a proposta a favor do/a aspirante que obtivese a maior puntuación. O nomeamento corresponde ao Padroado da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas de acordo co previsto no artigo 22 dos seus estatutos.

De non se presentaren solicitudes, de non cumprir ningunha das rexistradas os requisitos exixidos ou de considerarse que ningún dos/das candidatos/as resulta idóneo para o posto, a convocatoria será declarada deserta polo Padroado da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

9. Nomeamento e toma de posesión/formalización contrato de alta dirección.

9.1. Se o aspirante seleccionado para ocupar o posto de traballo convocado tiver a condición de funcionario público con destino definitivo noutra administración pública, o seu nomeamento requirirá o informe favorable do departamento onde preste servizos, que se considerará favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o preceptuado no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes. Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma, procederase a adxudicarlle o posto para o cal foi seleccionado/a. Se no prazo de dous meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia o/a funcionario/a seleccionado/a non se pode incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Se o aspirante seleccionado para ocupar o posto de traballo convocado tiver a condición de funcionario público, o prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles. O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse na data que se determine xustificadamente mediante orde da persoa titular da consellería convocante publicada no Diario Oficial de Galicia, agás no caso de procedencia doutras administracións, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite dos dous meses a que se fai referencia no parágrafo anterior. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

9.2. Se o aspirante seleccionado para ocupar o posto de traballo convocado non tiver a condición de funcionario público, o vínculo formalizarase mediante contrato laboral de alta dirección ao amparo do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección, no artigo 17 do Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

10. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

missing image file