Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 26 de xuño de 2015, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa para a ocupación e explotación da fábrica de xeo e instalacións varias, solicitada pola Confraría de Pescadores San Andrés, no dominio público portuario de Portosín (expediente 12-43-14-C-1).

A Confraría de Pescadores San Andrés solicita unha concesión administrativa para a ocupación e explotación da fábrica de xeo e instalacións varias no dominio público portuario de Portosín, con base no levantamento topográfico realizado polo ente público Portos de Galicia en decembro de 2013.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2015

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia