De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de que se intentase a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.
A eficacia desta cédula queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 23 de xullo de 2015
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas
ANEXO
Interesados: José Luis Núñez Fernández e María Dolores Norat Deza.
Expediente: ES-P-0053/14.
Último domicilio coñecido: rúa Luís Casais, núm. 22, O Grove.
Indicación do contido: notifícase a resolución do procedemento sancionador ES-P-0053/14 en que se impón a José Luis Núñez Fernández e María Dolores Norat Deza unha sanción no seu grao mínimo de multa de 900 € por incumprir as formalidades establecidas na lei para o depósito de fianzas, de acordo do disposto no artigo 108 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.
Recursos: contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
