Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33119
  1. VI. Anuncios
  2. a) Administración autonómica
  3. Consellería de Economía e Industria
  4. RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sada (expediente IN407A 2015/136-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Supervisión y Control, S.A.

Domicilio social: rúa Enrique Mariñas Romero, 36, 1º, 15168 A Coruña.

Denominación: LMTS, CS e CT de 630 kVA.

Situación: estrada N-VI, km 582, Espírito Santo, Sada.

Características técnicas: LMTS 15 kV baixo tubo:

Tramo 1: enlace entre o punto de entroncamento compañía distribuidora e o CS proxectado, dúas ternas RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al; 0,012 km. Tramo 2: enlace entre o CS e o CT proxectados. Unha terna RHZ1-2OL 12/20 kV 1×95 mm2 Al; 0,159 km. CS: Ormazábal, 3 celas de liña. CT de 630 kVA, relación de transformación 15.000/400 V, Ormazábal, refrixeración natural en baño de aceite mineral. Cela de entrada/saída, cela de remonte, cela de protección e cela de medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, segundo os artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 8 de xullo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña