Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33112

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (727/2014).

Eu, Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social número 727/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutual Midat Cyclops contra a empresa Africliber, S.L e o Instituto Nacional da Seguridade Social sobre seguridade social, se ditou a seguinte sentenza, cuxa resolución di:

«Que estimando parcialmente a demanda que en materia de cantidade interpuxo a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutua Midat Cyclops contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a entidade Africliber, S.L., debo condenar e condeno a empresa Africliber, S.L. a que lle reintegre á mutua a cantidade de 2.216,84 euros en concepto de asistencia sanitaria e prestacións de incapacidade temporal derivadas do proceso de incapacidade temporal aboada por ela ao traballador Helver Sivino dos Santos, consecuencia do accidente de traballo sufrido polo anterior o 12 de marzo de 2014, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa, e que se cuantifica a razón de 1.368,44 euros, por concepto de asistencia sanitaria.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Africliber, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xullo de 2015

A secretaria xudicial