Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33194

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 41/2015 G-OTM).

O Pleno Municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de xullo de 2015 acordou, aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento do Concello de Carballo entre a avenida de Bértoa e a rúa Xosé Manuel Eirís, promovida polas entidades Lidl Supermercados, S.A.U., Estación de Servicio Suel, S.A. e por Carlos Bello Vázquez, que afecta directamente as parcelas catastrais 5758032NH2855N0001KM, 5758015NH2855N0001AM e 5758016NH2855N0001BM.

O que se somete a información pública por un prazo de (2) dous meses en cumprimento do artigo 85.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas modificacións seguintes, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por el poidan examinar o expediente e deducir, de ser ocaso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

O acordo de aprobación inicial da modificación puntual determinará, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas no seu ámbito, no caso de que as novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

Carballo, 31 de xullo de 2015

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde