Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33195

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO polo que se someten a información pública os convenios urbanísticos para a construción dun novo CEIP no polígono do Sagrado Corazón.

Asinados por esta Alcaldía e polos interesados que se relacionan os borradores dos convenios urbanísticos de planeamento e para a execución do planeamento no sector de solo urbanizable delimitado «Lugo S-5.R» (polígono do Sagrado Corazón) do PXOM vixente, relativos á aceptación de terreos (sistema xeral e local docente), e posta á disposición deles a favor da Xunta de Galicia para a construción dun CEIP, segundo se detalla a continuación:

Terreos sistema xeral docente:

Propietario

Parcela catastral

Superficie cedida (m2)

María Alicia López Migueiz e Mª Carmen Rodríguez López

27900A086000210000EU

926,00

Manuel Balea Carballés e Ana María Pérez Fernández

27900A086000290000EP

1.660,00

Ingapán Grupo, S.L.

27900A086000300000EG

908,00

Ángel Casal Abeledo

27900A086000500000EE

1.565,00

Terreos sistema local docente:

Propietario

Parcela catastral

Superficie cedida (m2)

Mª Inmaculada Vázquez Fernández

27900A086000200000EZ

2.862,00

Manuel Gómez Vilar

27900A086000220000EH

27900A086000230000EW

815,00

Ángel Casal Abeledo

27900A0866000500000EE

41,00

Conforme o previsto no artigo 237.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección de medio rural de Galicia, sométense a información pública polo prazo de vinte días, durante o cal poderán ser examinados no Servizo de Urbanismo deste Concello (rolda da Muralla, nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 2 de xullo de 2015

Lara Méndez López
Alcaldesa