Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33631

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2015 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de agosto de 2015 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais do organismo.

En consecuencia, por proposta da Axencia Galega de Infraestruturas, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 6 de agosto de 2015, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 6 de agosto de 2015, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2015

P.D. (Orde 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Na vixente relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas modifícanse os postos de traballo que se relacionan, que quedan da seguinte forma:

missing image file