Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 19 de agosto de 2015 Páx. 34106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Monfero (expediente IN407A 2014/165-1).

Expediente: IN407A 2014/165-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Instalación: LMT, CT e RBT Martices-Xestoso.

Concello: Monfero.

Feitos.

1. O 24 de outubro de 2014 o promotor solicitou a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica indicada.

2. Características técnicas:

– LMT aérea a CT Martices a 15/20 kV cunha lonxitude de 790 m coa orixe en apoio existente na LMT a CT Leireta, en condutor tipo LA-56/54,6 mm2 e final no CT Martices (proxectado).

– Centro de transformación intemperie Martices cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15,000/400-230 V.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución información pública: 26.11.2014.

– DOG: 5.1.2015.

– BOP: 22.12.2014.

– Xornal La Voz de Galicia: 19.12.2014.

– Taboleiro de anuncios do concello: do 18.12.2014 ao 14.1.2014.

Ao mesmo tempo realizáronselles notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

No certificado de exposición pública do concello de Monfero indícase que non se presentaron alegacións.

4. Durante o período no cal se someteu ao trámite de información pública foron presentadas as seguintes alegacións.

– Jesús Torrado Torrado (predios nº 4, 5, 13 e 31):

Solicita que se denegue a declaración de utilidade pública e que se exixa a tramitación conxunta da autorización da instalación da liña eléctrica, alegando en síntese o seguinte: Unión Fenosa Distribución, S.L. incumpriu a obriga que ten de intentar acadar acordos previos coas persoas propietarias afectadas. A declaración de impacto ambiental debería de ser mais completa. Hai un cruzamento perigoso cunha liña de baixa tensión e un edificio próximo á liña. Propón unha solución alternativa consistente no reforzo da liña de baixa tensión existente e exíxese información por escrito referente aos detalles do proxecto.

– Ofelia Paz Grueiro (predios nº 23 e 33):

Alega que Modesto Paz Grueiro é cotitular dos predios números 23 e 33, solicitando que se lle notifique a existencia do expediente. Non se lle informa das afeccións ou gravames que se queren impoñer aos predios e solicita que se lle aclare. Non se especifica a necesidade da nova liña eléctrica e cal é o obxectivo da súa implantación, existindo a solución alternativa de reforzar a liña existente na actualidade e que se expliquen as razóns e obxectivos da nova liña.

– Modesto Paz Grueiro (predios nº 23 e 33):

Alega que é cotitular dos predios números 23 e 33, e solicita que se lle notifique a existencia do expediente. Non se lle informa das afeccións ou gravames que se queren impoñer aos predios e solicita que se lle aclare. Non se especifica a necesidade da nova liña eléctrica e cal é o obxectivo da súa implantación, e existe a solución alternativa de reforzar a liña existente na actualidade e que se expliquen as razóns e obxectivos da nova liña.

– María Isabel Fernández Vidal (predio nº 25):

Alega que o proxecto supón un prexuízo xa que o tendido atravesa a metade do predio. A información é bastante concisa, xa que nin sequera fai mención á cantidade que se vai aboar pola dita instalación.

– Valentina Filgueiras Vila (predio nº 34):

Solicita que se teña por mostrada a súa oposición á expropiación por carecer de utilidade pública e interese social e, subsidiariamente, formular a súa oposición a que a expropiación siga o trámite de urxencia alegando o seguinte: declárase copropietaria do predio nº 34. A actuación non é necesaria xa que a subministración está garantida pola existencia dunha liña de subministración eléctrica perfectamente dotada. Adoptouse inadecuadamente o trámite expropiatorio de urxencia, vulnéranse os artigos 52 e 125 e seguintes da Lei de expropiación forzosa. O proxecto carece de utilidade pública e de interese social, polo que se incumpre o artigo 9 e seguintes da Lei de expropiación forzosa. Non se deu traslado da folla de valoración de acordo co artigo 30, parágrafo segundo da Lei de expropiación forzosa.

– Xosé Vila Fernández, en representación dos seus irmáns; Pedro Xavier Vila Fernández e Mª Dolores Vila Fernández como herdeiros de María Fernández López e Ramón Valentín Vila Ferreira (predios nº 35, 36 e 37):

Solicita que denegue a declaración de utilidade pública e que se exixa a tramitación conxunta da autorización de instalación da liña eléctrica, alegando o seguinte: que Unión Fenosa Distribución, S.L. incumpriu a obriga que ten de intentar acadar acordos previos coas persoas propietarias afectadas. A declaración de impacto ambiental debería ser máis completa. Propón unha solución alternativa ao trazado consistente no cambio da localización dun apoio. Exíxese información por escrito referente aos detalles do proxecto.

– Julio Vila Corral (predio nº 38):

Alega que se opón ao trazado proposto e solicita un trazado alternativo da liña eléctrica para que o prexuízo que lle ocasiona a obra sexa menor.

Destas alegacións déuselle traslado ao promotor, quen contestou:

– As alegacións presentadas por Jesús Torrado Torrado (predios nº 4, 5, 13 e 31).

Non existe obriga legal de poñerse en contacto cos titulares dos bens e dereitos afectados, previamente á solicitude de declaración de utilidade pública. As instalacións eléctricas incluídas neste proxecto non figuran entre aquelas para as cales se fai necesario o trámite de declaración de impacto ambiental. O edificio e a liña de baixa tensión cumpren coas distancias de seguridade regulamentarias respecto da nova liña.

– As alegacións presentadas por Ofelia Paz Grueiro e Modesto Paz Grueiro (predios nº 23 e 33).

Engádese a Modesto Paz Grueiro como copropietario do predios identificados no expediente cos números 23 e 33. Toda a información a que fai referencia a Sra. Paz está dispoñible tanto na Xefatura Territorial da Consellería de Industria da Coruña coma nas oficinas de Unión Fenosa Distribución, S.A. considere para que como afectada neste expediente poida consultar todo aquilo que considere pertinente. Indica que a finalidade do proxecto é mellorar a subministración de enerxía nos lugares da Torre, Os Martices, Porto Lago e Guilfonso, da parroquia de Santa María do Alto de Xestoso, xa que a calidade actual da subministración non é a adecuada, sen que sexa posible atender coas garantías axeitadas estas subministracións eléctricas a través das liñas existentes. O alcance da afección ocasionada aos predios aparece regulada nos artigos 157 e 158 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– As alegacións presentadas por María Isabel Fernández Vidal (predio nº 25).

O prexuízo que se produce neste predio será avaliado polo Xurado de Expropiación de Galicia conforme a lexislación aplicable. Toda a información que precise a Sra. Fernández está dispoñible tanto na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria como nas oficinas de Unión Fenosa Distribución, S.A. No que respecta á cantidade que esta sociedade estima que le corresponde á propietaria como indemnización polo establecemento da servidume de paso, lle será notificada no momento do procedemento oportuno (trámite de determinación do prezo xusto).

– As alegacións presentadas por Valentina Filgueiras Vila (predio nº 34).

Engádese a Sra. Filgueiras como copropietaria do predio identificado no expediente co nº 34. O procedemento expropiatorio estase a aplicar de acordo cos artigos 54 e 56 da Lei 24/2014, do 26 de decembro, do sector eléctrico. As instalación incluídas no proxecto teñen a finalidade de mellorar a calidade da subministración de enerxía eléctrica na zona. No trámite actual do procedemento (información pública da solicitude) non procede a presentación da folla de valoración.

– As alegacións presentadas por Xosé Vila Fernández (predios nº 35, 36, 37).

Non existe obriga legal de poñerse en contacto cos titulares dos bens e dereitos afectados, previamente á solicitude de declaración de utilidade pública. As instalacións eléctricas incluídas neste proxecto non figuran entre aquelas para as cales se fai necesario o trámite de declaración de impacto ambiental. Non é posible atender a modificación do proxecto solicitada xa que suporía a variación das afeccións propostas (aumentando ou diminuíndo segundo os casos) nas parcelas identificadas cos números 23, 24, 25, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34 e 38 ademais de afectar un predio inicialmente non incluído na relación de bens e dereitos afectados (a parcela catastral 235 do polígono 94), sen que conste no expediente o consentimento desta modificación polos propietarios.

– As alegacións presentadas por Julio Vila Corral (predio nº 38).

Non é posible atender a modificación do proxecto solicitada xa que suporía a variación das afeccións propostas nas parcelas identificadas cos números 36 e 37, e impoñer a servidume de paso a un novo predio (a parcela catastral 974 do polígono 94), sen que o alegante achegue ao expediente o consentimento desta modificación polos propietarios. Existen contradición nas propostas de variación do trazado presentado. O punto 1.5.1 da ITC-LAT 7 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 dispón: As liñas eléctricas aéreas estudaranse seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto, no seu intento de lograr unha solución óptima para o conxunto da instalación, axustándose en todo caso ás prescricións que esta instrución establece. Non existen neste caso as limitacións ou prohibicións á constitución da servidume de paso establecidas no artigo 57 da Lei do sector eléctrico, como no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que impidan o establecemento da servidume de paso desta instalación a través dos terreos incluídos na relación de bens e dereitos presentada.

5. Solicitouse o preceptivo informe os seguintes organismos.

– Concello de Monfero: emitiu informe favorable e condicionado aceptado polo promotor.

– Augas de Galicia: emitiu informe favorable e condicionado técnico aceptado polo promotor.

– Dirección Xeral de Patrimonio Cultural: emitiu informe e condicionado aceptado polo promotor.

– Deputación da Coruña: non consta informe, polo que se entende a conformidade coa autorización.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 34, do 16 de febreiro).

– Decreto 235/2012, do 5 de decembro, que fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 233, do 7 de decembro).

– Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 140, do 24 de xullo), modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro (DOG núm. 183, do 25 de setembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Na visita de campo realizada para examinar a localización da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

3. En relación coas alegacións formuladas e coas manifestacións de Unión Fenosa Distribución, S.A. cómpre sinalar:

– Non procede atender a solicitude realizada por Jesús Torrado Torrado (predios nº 4, 5, 13 e 31) polo seguinte:

Non existe obriga legal de poñerse en contacto cos titulares dos bens e dereitos afectados, previamente á solicitude de declaración de utilidade pública.

As instalacións eléctricas incluídas neste proxecto non se encontran dentro do ámbito de aplicación da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Segundo consta no proxecto presentado, a nova liña cumpre coas distancias de seguridade regulamentarias respecto do edificio e da liña de baixa tensión.

O reforzo da liña de baixa tensión non é unha solución adecuada para mellorar a calidade de subministración da zona. De feito, o proxecto xa prevé o reforzo de parte da rede de baixa tensión.

A información que se solicita está á disposición de todos os afectados na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, tal e como se lles indicou nas notificación individuais, na resolución publicada no DOG, no BOP e no anuncio publicado en La Voz de Galicia.

– En relación coas alegacións presentadas por Ofelia Paz Grueiro e Modesto Paz Grueiro (predios nº 23 e 33), indíquese:

Engádese a Modesto Paz Grueiro como copropietario do predios identificados no expediente cos números 23 e 33.

A resolución pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a declaración de utilidade pública foi publicada no DOG, no BOP e en La Voz de Galicia. Ademais estivo exposto no taboleiro de anuncios do Concello de Monfero. En todos estes casos relaciónanse os afectados, os números de predio e as afeccións.

O día 29 de xaneiro de 2015 foi recibido un escrito de alegacións asinado por Modesto Paz Grueiro no que fai referencia á publicación do luns, 5 de xaneiro de 2015, no Diario Oficial de Galicia do expediente IN407A 2014/164-1. Polo tanto, enténdese como notificado.

A información que se solicita está á disposición de todos os afectados na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, tal e como se lles indicou nas notificación individuais, na resolución publicada no DOG, no BOP e no anuncio publicado en La Voz de Galicia.

O alcance da afección ocasionada aos predios aparece regulada nos artigos 157 e 158 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

O artigo 40 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, establece que é unha obriga das empresas distribuidoras prestar o servizo de distribución de xeito regular e continuo, e cos niveis de calidade que se determinen regulamentariamente.

O obxecto do proxecto é mellorar a calidade da subministración eléctrica nos lugares da Torre, Martices, Porto Largo e Guildefonso, na parroquia de Santa María do Alto Xestoso. O reforzo da liña de baixa tensión non é unha solución adecuada para mellorar a calidade da subministración da zona.

– En relación coas alegacións presentadas por María Isabel Fernández Vidal (predio nº 25), indíquese:

A afección real que sufrirá a propiedade do alegante, se concretará na acta previa á ocupación, acto para o cal serán os afectados adecuadamente convocados segundo establece o artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

O expediente está á disposición de todos os afectados na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, tal e como se lles indicou nas notificacións individuais, na resolución publicada no DOG, no BOP e en La Voz de Galicia.

A indemnización por danos e perdas sufridos como consecuencia da ocupación e/ou a imposición de servidumes será determinada polo Xurado de Expropiación de Galicia, para o caso de que as partes, expropiado e empresa beneficiaria non acaden un acordo amigable durante a tramitación do procedemento expropiatorio.

– Non procede atender a solicitude realizada por Valentina Filgueiras Vila (predio nº 34), polo seguinte:

O artigo 40 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, establece que é unha obriga das empresas distribuidoras prestar o servizo de distribución de xeito regular e continuo, e cos niveis de calidade que se determinen regulamentariamente.

O obxecto do proxecto é mellorar a calidade da subministración eléctrica nos lugares da Torre, Martices, Porto Largo e Guildefonso, na parroquia de Santa María do Alto Xestoso.

O artigo 54 da Lei 24/2013 declara de utilidade pública as instalacións de distribución para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento e da imposición e exercicio da servidume de paso.

O artigo 56 da Lei 24/2013 establece que a declaración de utilidade pública leva implícita a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

A tramitación que nos ocupa encóntrase regulada pola Lei 24/2013 e polo Real decreto 1955/2000. Atendendo a estes preceptos, o proxecto encóntrase no trámite de información pública da solicitude de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública. Non procede neste trámite a presentación da folla de valoración.

Sen prexuízo do anterior, engádese a Sra. Filgueiras como copropietaria do predio identificado no expediente co nº 34.

– Non procede atender a solicitude realizada por Xosé Vila Fernández (predios nº 35, 36, 37) polo seguinte:

Non existe obriga legal de poñerse en contacto cos titulares dos bens e dereitos afectados, previamente á solicitude de declaración de utilidade pública.

As instalacións eléctricas incluídas neste proxecto non se encontran dentro do ámbito de aplicación da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Non é posible atender a modificación do proxecto solicitada xa que suporía a variación das afeccións propostas e novos afectados, sen que conste no expediente a conformidade dos propietarios.

A información que se solicita está á disposición de todos os afectados na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, tal e como se lles indicou nas notificación individuais, na resolución publicada no DOG, no BOP e no anuncio publicado en La Voz de Galicia.

– Non procede atender a solicitude realizada por Julio Vila Corral (predio nº 38) polo seguinte:

A modificación do proxecto solicitada suporía a variación das afeccións propostas e novos afectados, sen que conste no expediente a conformidade dos propietarios.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

Resolvo:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 10, do 14 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 10 de agosto de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña