Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 19 de agosto de 2015 Páx. 34132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 29 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade á Resolución do 10 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se modifica o acordo de concentración parcelaria da zona de Santa María de Budiño II (O Pino).

O 10 de xullo de 2015 o director xeral de Desenvolvemento Rural ditou a Resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Santa María de Budiño II (O Pino-A Coruña) que se transcribe a continuación:

O acordo de concentración parcelaria da zona de Santa María de Budiño II (O Pino-A Coruña) foi aprobado pola dirección xeral competente por razón da materia, con data 29 de agosto de 2011, publicado na forma legalmente establecida, e na actualidade está pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello do Pino solicitou a cesión da titularidade dos predios, para os fins que se indican a continuación:

• Predio 64: cargadoiro de madeira.

• Predio 181: mámoa.

• Predio 208: cargadoiro de madeira.

• Predio 269: cargadoiro de madeira.

• Predio 383: depósito de auga potable.

• Predio 412: ruta muíños.

• Predio 413: ruta muíños.

• Predio 472-1: cargadoiro de madeira.

• Predio 519: área recreativa.

• Predio 536: castro.

• Predio 674: capela de Santa María.

Vista a proposta da xunta local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973; a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Á vista dos destinos para os que se solicitan os referidos predios, e respecto dos que son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral

Resolve:

Primeiro. Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Santa María de Budiño II (O Pino-A Coruña), e adxudicar ao Concello do Pino a titularidade dos predios nº: predios nº 64, 181, 208, 269, 383, 412, 413, 472-1, 519, 536 e 674 -que causan baixa no fondo de terras da zona- para seren destinados aos fins que se recollen na parte expositiva da presente resolución.

Segundo. Transcorridos cinco anos desde a cesión das propiedades, sen que os predios fosen destinados aos fins para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá sobre o fondo de terras da zona, o patrimonio da Comunidade Autónoma, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou outra entidade que corresponda, segundo o caso.

Terceiro. Ordenar que se lle dea a oportuna publicidade á presente resolución sen prexuízo da súa notificación ao Concello do Pino.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar, dentro do prazo dun mes, que se contará desde o seguinte ao da publicación desta resolución.

A Coruña, 29 de xullo de 2015

Enrique Luis de Salvador Sánchez
Xefe territorial da Coruña