Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 19 de agosto de 2015 Páx. 34134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo para o control e vixilancia, a coordinación da seguridade e saúde e a vixilancia ambiental da obra de remate da vía de alta capacidade da Costa Norte, treito Celeiro-San Cibrao (clave LU/00/063.01.4.1.) (expediente AT/002/2015).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar o seguinte contrato administrativo de servizo:

I. Control e vixilancia, coordinación da seguridade e saúde e vixilancia ambiental da obra de remate da vía de alta capacidade da Costa Norte. Treito: Celeiro-San Cibrao. Clave: LU/00/063.01.4. Expediente: AT/002/2015.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: LU/00/063.01.4.1. (AT/002/2015).

2. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp? N=22128

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizo para o control e a vixilancia, a coordinación da seguridade e saúde e a vixilancia ambiental da obra de remate da VAC da Costa Norte. Treito: Celeiro-San Cibrao.

c) CPV: 71311210-6.

d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: DOG (9 de marzo de 2015).

4. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

5. Valor estimado do contrato: 156.366 €.

6. Orzamento base de licitación: importe neto: 156.366 €. Importe total: 189.202,86 €.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27 de maio de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 2 de xuño de 2015.

c) Adxudicataria: Applus Norcontrol, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 111.801,69 €. Importe total: 135.280,04 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas