Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 19 de agosto de 2015 Páx. 34079

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1433/2014).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1433/2014-MFV

Xulgado de orixe/autos: demanda 878/2008. Xulgado do Social número 3 da Coruña

Recorrentes: Granitos del Louro, S.A. Granilouro

Avogado: Rafael Tena Núñez

Procurador: Ramón de Uña Piñeiro

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Euromármoles del Atlántico, S.L., Isoman, S.L. e María Dolores Balado Sánchez

Avogado: Sebastián Lorenzo Viejo

Graduado social: Rafael Verdia Rodríguez

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1433/2014 desta sección, seguido por instancia de Granitos del Louro, S.A. Granilouro contra INSS, Euromármoles del Atlántico, S.L., Isoman, S.L. e María Dolores Balado Sánchez, sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, estimando na súa pretensión subsidiaria o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa Granitos del Louro, S.A. contra a sentenza do 11 de xullo de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 3 da Coruña nos autos 878/2008, declaramos que procede impor a recarga por infracción de medidas de seguridade, de que foron declaradas responsables solidarias as empresas Euromármoles del Atlántico, S.A., Isoman, S.A. e Granitos del Louro, S.A., no 30 %, condenamos as demandadas a se ateren á anterior declaración e confirmamos a sentenza de instancia nos seus restantes pronunciamentos. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Euromármoles del Atlántico, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xullo de 2015

A secretaria xudicial