Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 1 de setembro de 2015 Páx. 35398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Centros de Ensino de Perruquería e Estética de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito dos estatutos de organizacións empresariais e sindicais da Consellería de Traballo e Benestar se presentou acta da asemblea xeral extraordinaria onde se reflicte o acordo acadado o 22 de xullo de 2015 e que consiste na modificación dos estatutos da dita asociación.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ambito profesional: empresarios, sexan persoas físicas ou xurídicas, que sexan titulares de centros de formación e reúnan os requisitos exixidos no artigo 6 dos estatutos.

– Asinantes: Rosa María Sánchez Gándara (presidenta) e Jorge Cachaldora Seoane (secretario).

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social