Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 1 de setembro de 2015 Páx. 35399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o acordo de procedencia de reintegro da subvención ao Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade, regulada na Orde do 18 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 30 de marzo), relativa ao expediente TR343A 2011/37-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesado o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A interesada, durante este prazo, poderá presentarse ante o Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución.

Advírteselle que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 10 de agosto de 2015

P.A. (Artigo 39.2.1 e Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Vicente Correa Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº de expediente: TR343A 2011/37-2.

Nome: Soluciones de Negocio del Noroeste, S.L.

DNI/NIF: B24605230.

Axuda: subvención á contratación de traballadores con discapacidade.

Último enderezo coñecido: rúa Montevideo, 4, baixo, 27001 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal o traballador contratado ao abeiro deste programa por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base décimo primeira, punto 1, do anexo A da orde de convocatoria do 18 de marzo de 2011.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.