Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 9 de setembro de 2015 Páx. 36285

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 31 de agosto de 2015 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión de premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2014 nas universidades do Sistema universitario de Galicia, convocados pola Orde do 4 de maio de 2015.

No Diario Oficial de Galicia (DOG) do 18 de maio de 2015 publicouse a Orde do 4 de maio de 2015 pola que se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2014 nas universidades do Sistema universitario de Galicia. O prazo de presentación das solicitudes rematou o 18 de xuño de 2015 e o número de solicitudes presentadas foi de 215; destas solicitudes, 80 son das distintas titulacións universitarias e, á vista da documentación presentada, poderían resultar premiados 77 solicitantes por un importe de 2.500 euros cada un. Polo tanto, é preciso ampliar en 5.000 euros o orzamento inicial de 187.500 dedicado a esta convocatoria.

O artigo 2 da citada Orde do 4 de maio de 2015 establece que o orzamento poderá ser incrementado de acordo coas dispoñibilidades económicas da consellería, de conformidade cos supostos recollidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da citada lei. Con base nisto, o secretario xeral de Universidades propón a ampliación de crédito por importe de 5.000 euros na convocatoria de premios fin de carreira, cuxo orzamento total é de 192.500 euros.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Aprobar unha ampliación de crédito por importe de 5.000,00 euros para dedicar á ampliación da convocatoria de premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2014 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Esta ampliación de crédito realízase con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.422C.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, na cal existe crédito adecuado e suficiente para a dita ampliación.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria