Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 1 de outubro de 2015 Páx. 38346

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se fai pública a inclusión dun exemplar no Catálogo galego de árbores senlleiras.

En cumprimento do disposto no artigo 4.8 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras,

RESOLVO:

Facer pública a inclusión do seguinte exemplar no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante Resolución do 16 de setembro de 2015 da Dirección Xeral de Conservación da Natureza:

Data de solicitude: 29.7.2015.

Código: 148A.

Nome da árbore: cedro atlántico do Pazo do Hórreo.

Especie: Cedrus atlantica (Endl.) Manetti ex Carriére.

Localidade: Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 537.203/4.746.754.

Motivos da catalogación: dimensións e importancia histórica e cultural.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2015

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza