Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 1 de outubro de 2015 Páx. 38347

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2015 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia e institucións públicas autonómicas.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2015 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 3.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, convócanse actividades de formación para o persoal que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e institucións públicas autonómicas.

RESOLVO:

Publicar a convocatoria das actividades formativas que figuran no anexo III, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I e II.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2015

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os/as empregados/as públicos/as que presten servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e institucións públicas autonómicas, que non poidan acceder ás convocatorias de formación continua e se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria.

Toda persoa solicitante que ao inicio da actividade formativa estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas obxecto desta convocatoria impartiranse en dúas modalidades: teleformación e autoformación. Estas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <http://egap.xunta.es>.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, agás para as probas de avaliación das actividades do programa de autoformación, nas cales se observará o que dispoña o anexo II.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.es/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Dentro do prazo de presentación de solicitudes establecido no punto 1 desta base, os solicitantes deberán presentar na EGAP, xunto cunha copia do formulario de solicitude, a seguinte documentación:

a) Certificado expedido polo órgano responsable de persoal do que dependa a persoa solicitante que indique o tipo de persoal, a situación administrativa e a antigüidade na Administración. A falta de presentación destes documentos acreditativos dará lugar á exclusión da persoa solicitante.

b) Documentación complementaria acreditativa de circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade etc.) de acordo cos criterios de selección sinalados na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para isto poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), calquera das seguintes vías:

– O enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es .

– O número de fax 981 54 63 39.

4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan consignados correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. As persoas interesadas en recibiren mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

7. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

8. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 62 53, do número de fax 981 54 63 39 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>.

Cuarta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25). Para o ano 2015, segundo a Resolución do 29 de xaneiro (DOG do 11 de febreiro), comezarase pola letra S.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.es> unha relación das persoas seleccionadas para participaren en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.

Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na lista de espera, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6.b) da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.es> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha anticipación mínima dos tres días hábiles anteriores ao inicio da actividade formativa, agás para as probas de avaliación das actividades do programa de autoformación, cuxo prazo será de cinco días hábiles contados desde o día da publicación da listaxe definitiva das persoas seleccionadas.

Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), calquera das seguintes vías:

– O enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>.

– O número de fax 981 54 63 39.

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e a puntualidade:

a) É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Para estes efectos, realizarase un único chamamento por orde alfabética. En ningún caso se admitirán cambios na asignación de quendas das probas.

b) As persoas participantes deberán vir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

c) Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

Non se permitirá o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas.

4. Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 75 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Realización de probas

a) Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final delas. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

Nas actividades formativas encadradas dentro do Plan formativo ofimático de Galicia a proba final de avaliación terá igualmente carácter presencial e desenvolverase na sede da EGAP en Santiago de Compostela.

b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A asistencia á sesión presencial de apertura, se a houber.

– A adecuada realización de todas as actividades que o titor propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Para poder aprobar a actividade formativa o alumnado deberá superar unha proba final de avaliación.

c) Para poder superar as actividades de autoformación observarase o que establece o anexo II relativo ao programa de autoformación.

Oitava. Certificados

a) A EGAP poderá expedir dúas clases de certificados, de equivalencia ou de aproveitamento. A convocatoria de cada acción formativa determinará que tipo de certificado corresponderá aos alumnos que participen nos cursos.

b) Para a obtención do certificado de equivalencia, as persoas deberán superar as probas de avaliación das correspondentes actividades do programa de autoformación. Este certificado equivale a un de aproveitamento polas horas previstas en cada actividade formativa.

c) Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que se declare apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

En caso de non superar a proba, tampouco se facilitará certificado de asistencia.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II
Bases

Primeira. As actividades do programa de autoformación: contidos e cuestionarios

1. As actividades do programa de autoformación son as seguintes:

Código

Denominación

EP15006

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos - Contidos

EP15008

As subvencións. Regulación estatal e autonómica - Contidos

EP15010

Cambio e motivación nas organizacións - Contidos

EP15012

Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos - Contidos

EP15014

Os contratos administrativos. Preparación e adxudicación - Contidos

EP15016

Responsabilidade patrimonial da Administración pública - Contidos

EP15018

Técnicas para unha boa redacción de documentos administrativos - Contidos

EP15020

Xénero e igualdade nas administracións públicas. A súa evolución normativa - Contidos

2. Cada unha das actividades está composta de contidos multimedia actualizados, material complementario e, dado que non existe a figura do titor, cuestionarios de corrección automática que facilitan unha aprendizaxe autónoma máis efectiva.

O persoal que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e institucións públicas autonómicas, que desexe participar no programa de autoformación dispón de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra. Por unha banda, pode acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP. Por outra banda, pode solicitar presentarse ás probas de avaliación reguladas na base terceira deste mesmo anexo II.

Segunda. As actividades: acceso aos contidos

1. Empregados/as públicos/as que prestan servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e institucións públicas autonómicas que desexe acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación pode facelo, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo <http://egap.xunta.es/matricula>.

2. A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de decembro de 2015.

3. Cada persoa determinará libremente o número de actividades en que queira inscribirse e mais o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas. Os contidos van estar dispoñibles ata o 30 de decembro de 2015.

4. Unha vez inscrita, a persoa recibirá unha mensaxe de correo electrónico de confirmación e despois poderá acceder aos contidos da actividade ou actividades na aula virtual, no enderezo <http://egap.xunta.es/aulavirtual>.

5. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

6. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado regulado na base oitava do anexo I.

Terceira. As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación: participación

1. Poden participar nas probas de avaliación das actividades do programa de autoformación os empregados/as públicos/as que prestan servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e institucións públicas autonómicas, que se encontran en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar.

Cuarta. As probas de avaliación: prazas convocadas, horas certificadas, datas, lugar e horario

1. As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se convocan atéñense ao previsto na seguinte táboa:

Código

Actividade do programa de autoformación

Prazas

Horas

certificadas

Datas

EP15021

Xénero e igualdade nas administracións públicas.

A súa evolución normativa - Proba de avaliación

100

25

4.12.2015

EP15007

A calidade na Administración pública. Procesos e

procedementos - Proba de avaliación

100

25

2.12.2015

EP15009

As subvencións. Regulación estatal e autonómica - Proba de avaliación

100

40

4.12.2015

EP15011

Cambio e motivación nas organizacións - Proba de avaliación

100

15

24.11.2015

EP15013

Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da

información e protección dos datos - Proba de avaliación

100

20

30.11.2015

EP15015

Os contratos administrativos. Preparación e adxudicación -

Proba de avaliación

100

20

2.12.2015

EP15017

Responsabilidade patrimonial da Administración pública - Proba de avaliación

100

25

2.12.2015

EP15019

Técnicas para unha boa redacción dos documentos

administrativos - Proba de avaliación

100

15

24.11.2015

2. As probas de avaliación terán lugar nas dependencias da EGAP, en Santiago de Compostela (rúa Madrid, 2-4, As Fontiñas). Poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen coa suficiente anticipación á súa realización en función do número de solicitudes de participación recibidas.

3. Na páxina web <http://egap.xunta.es> actualizarase e ampliarase a información sobre as actividades do programa de autoformación, incluído o horario de realización das probas de avaliación.

Quinta. As probas de avaliación: solicitudes de participación

1. O prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas de avaliación das actividades do programa de autoformación comeza ás 8.00 horas do 15 de outubro de 2015 e remata ás 14.00 horas do 30 de outubro de 2015.

2. As solicitudes só poden realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.es/matricula>. Entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Pode solicitarse a inscrición nun máximo de tres probas de avaliación das actividades do programa de autoformación.

Sexta. As probas de avaliación: desenvolvemento

1. As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación teñen o seguinte formato:

Actividade do programa de autoformación: horas

Proba de avaliación

Preguntas tipo test: número

Tempo dispoñible: minutos

Tentativas

Respostas incorrectas: desconto

Superación: porcentaxe de respostas correctas

40

40

60

Unha

Non

70 %

25

20

30

45

15

Para superaren as probas de avaliación, os alumnos deberán responder de forma correcta a un 70 % das preguntas da proba. As respostas incorrectas non descontarán acertos.

2. É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Levarase a cabo un único chamamento por orde alfabética.

3. As persoas participantes deben presentarse provistas do DNI ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

4. Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

5. Non se autoriza o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas de avaliación.

6. As persoas que se inscriban e non se presenten ás probas de avaliación pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

ANEXO III

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Localidade/Modalidade

Datas

Data da proba de avaliación

Horario estimado da proba de avaliación

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

EP15001

Lei 16/2010, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

6.11.2015 26.11.2015

30.11.2015

ás 14.00 h

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

EP15002

A protección de datos de carácter persoal. Nivel medio

50

25

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

3.11.2015 27.11.2015

3.12.2015

ás 11.00 h

EP15003

Certificado dixital

50

30

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

29.10.2015 27.11.2015

3.12.2015

ás 14.00 h

Plan formativo ofimático de Galicia

EP15004

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft office 2010)

50

30

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

27.10.2015 27.11.2015

1.12.2015

ás 13.00 h

EP15005

Sistema operativo, busca de información: internet/intranet e correo electrónico (Windows)

50

30

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

27.10.2015 27.11.2015

1.12.2015

ás 18.00 h

Programa de autoformación

EP15020

Xénero e igualdade nas administracións públicas. A súa evolución normativa - Contidos

9999

25

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Autoformación

27.10.2015

30.12.2015

Autoformación

EP15006

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos - Contidos

9999

25

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Autoformación

27.10.2015

30.12.2015

Autoformación

EP15008

As subvencións. Regulación estatal e autonómica - Contidos

9999

40

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Autoformación

27.10.2015

30.12.2015

Autoformación

EP15010

Cambio e motivación nas organizacións - Contidos

9999

15

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Autoformación

27.10.2015

30.12.2015

Autoformación

EP15012

Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos - Contidos

9999

20

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Autoformación

27.10.2015

30.12.2015

Autoformación

EP15014

Os contratos administrativos. Preparación e adxudicación - Contidos

9999

20

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Autoformación

27.10.2015

30.12.2015

Autoformación

EP15016

Responsabilidade patrimonial da Administración pública - Contidos

9999

25

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Autoformación

27.10.2015

30.12.2015

Autoformación

EP15018

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos - Contidos

9999

15

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Autoformación

27.10.2015

30.12.2015

Autoformación

EP15021

Xénero e igualdade nas Administracións públicas. A súa evolución normativa - Proba de avaliación

100

25

Equivalencia

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Autoformación

4.12.2015

ás 12.00 h

EP15007

Calidade na Administración pública. Procesos e procedementos - Proba de avaliación

100

25

Equivalencia

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Autoformación

2.12.2015

ás 9.00 h

EP15009

As subvencións. Regulación estatal e autonómica - Proba de avaliación

100

40

Equivalencia

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Autoformación

4.12.2015

ás 14.00 h

EP15011

Cambio e motivación nas organizacións - Proba de avaliación

100

15

Equivalencia

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Autoformación

24.11.2015

ás 13.00 h

EP15013

Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos - Proba de avaliación

100

20

Equivalencia

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Autoformación

30.11.2015

ás 9.00 h

EP15015

Os contratos administrativos. Preparación e adxudicación - Proba de avaliación

100

20

Equivalencia

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Autoformación

2.12.2015

ás 11.00 h

EP15017

Responsabilidade patrimonial da Administración pública - Proba de avaliación

100

25

Equivalencia

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Autoformación

2.12.2015

ás 14.00 h

EP15019

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos - Proba de avaliación

100

15

Equivalencia

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Autoformación

24.11.2015

ás 14.00 h