Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 2 de outubro de 2015 Páx. 38689

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de setembro de 2015 pola que se notifica a ampliación do prazo para resolver do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/003/2013-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 26 de agosto de 2015, acordou ampliar en tres meses o prazo para resolver o expediente de reposición da legalidade urbanística COR/003/2013-RP1, tramitado nesta axencia polas obras consistentes na reforma dunha vivenda unifamiliar no lugar de Seselle, parroquia de Caamouco, no termo municipal de Ares, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Julio Vidal Robelo, a Mercedes Pedreira Garrido, a Juan Leira González e a Mónica Cunha Mera, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra este acordo non cabe interpoñer recurso ningún, sen prexuízo da posibilidade de recorrer contra a resolución que poña fin ao procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística