Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 2 de outubro de 2015 Páx. 38690

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 16 de setembro de 2015 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición (expediente IU1/150/2012-A1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 31 de xullo de 2015, resolución pola que se impón unha multa coercitiva, derivada do expediente de reposición de la legalidade urbanística IU1/150/2012 como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 29.5.2013 e do 22.1.2014, en que se ordena a demolición de tres edificacións acaroadas, realizadas sen autorización autonómica, no lugar de Barcia, Mar de Fóra, no concello de Fisterra, por resultaren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Juan Marcos Traba Canosa, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial do Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial do Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 de la LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística