Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38801

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (832/2012).

Eu, Patricia Raposo Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, fago saber que no presente procedemento de xuízo verbal 499/2011, seguido por instancia de Taelpo Suministros Industriales, S.L. fronte a Ocysga, S.L., se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza:

Pontevedra, 6 de novembro de 2014.

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos neste xulgado co número 832/12, por instancia de Taelpo Suministros Industriales, S.L., representada pola procuradora Sra. Angulo Gascón e baixo a dirección legal do letrado Sr. Lois Bastida, fronte a Ocysga, S.L., en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade.

Resolución:

Que estimo parcialmente a demanda interposta pola procuradora Sra. Angulo Gascón, en nome e representación de Taelpo Suministros Industriales, S.L., contra Ocysga, S.L., e condeno a Ocysga, S.L. a pagar a Taelpo Suministros Industriales, S.L. a suma de 7.076,53 euros, máis os xuros do artigo 7.2 da Lei 3/2004 sobre esta suma, desde o 25 de outubro de 2012 ata a data desta resolución, e, desde esta, os xuros do artigo 576 da LAC.

Cada parte aboará as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado e déixese no procedemento testemuño bastante.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E ao estar a demandada María Dolores Prieto Morgadas en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 22 de xullo de 2015

A secretaria xudicial