Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40201

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de declaración de insolvencia (ETX 152/2013).

ETX. Execución de títulos xudiciais 152/2013

Procedemento orixe: procedemento ordinario 1325/2011

Sobre ordinario

Demandante: María Cenelia Piedrahita Zapata

Avogada: Rosa María Vila Amarele

Demandados: Carmela Teresa Paredes Sanabria (Locais Dakaty e Ladys), (Fogasa) Fondo de Garantía Salarial

Abogado/a: Fogasa

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 152/2013, por instancia de María Cenelia Piedrahita Zapata, contra a executada Carmela Teresa Paredes Sanabria (Locais Dakaty e Ladys), sobre reclamación de cantidade, foi ditado o día 22 de setembro decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado, en situación de insolvencia total, polo importe de 9.156,49 euros de principal, máis 915,65 euros que provisoriamente se orzamentan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2015

A secretaria xudicial