ETX. Execución de títulos xudiciais 214/2014
Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 418/2014
Sobre despedimento
Demandante: Claudia Castro Pozo
Demandados: Elena del Carmen Beltrán Molina e Fondo de Garantía Salarial
Declaración de insolvencia
Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 214/2014, por instancia de Claudia Castro Pozo, contra a executada Elena del Carmen Beltrán Molina, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 22 de setembro de 2015 decreto de insolvencia no sentido de declarar a executada en situación de insolvencia total por importe de 959,81 euros de principal máis 95,98 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. De conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2015
A secretaria xudicial