Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40197

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 210/2014).

ETX Execución de títulos xudiciais 210/2014

Procedemento orixe: despedimentos/cesamentos en xeral 303/2014

Sobre ordinario

Demandante: Eduardo Cerviño Guerra

Avogado: Xavier Castro Martínez

Demandados: As Faragullas, S.L., Fondo de Garantía Salarial

Avogado/a: Fogasa

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 210/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Cerviño Guerra contra a empresa As Faragullas, S.L. sobre reclamación de cantidade, foi ditado decreto o 22 de setembro de 2015 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado As Faragullas, S.L. en situación de insolvencia total polo importe de 13.253,20 euros en concepto de principal (3.349,39 euros de indemnización máis 9.707,01 euros en concepto de salarios, pagas extras e vacacións máis 196,80 euros de xuros do artigo 29.3 do E.T. de 1.388,77 euros), máis outros 1.325,32 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións despois de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Que se proceda á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos e deixar testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellante, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0210 14. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0210 14. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Fican exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A secretaria xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a As Faragullas, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2015

A secretaria xudicial