Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40196

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (110/2015).

ETX. Execución de títulos xudiciais 110/2015

Procedemento orixe: procedemento ordinario 554/2014

Sobre ordinario

Demandante: Julio Pérez Barcia

Avogado: Juan Rafael Pazos Pesado

Demandados: Ariel Villaverde Gestión y Digitalización, S.L. e Fogasa

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 110/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Pérez Barcia contra a empresa Ariel Villaverde Gestión y Digitalización, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

a) Declarar a executada, Ariel Villaverde Gestión y Digitalización, S.L., en situación de insolvencia por importe de 1.922,20 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Para que sirva de notificación en legal forma a Ariel Villaverde Gestión y Digitalización, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 23 de setembro de 2015

A secretaria xudicial