Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40194

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (306/2013).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 en substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe

Certifico: que neste xulgado se seguen autos número 306/2013 por instancia de La Mutua Gallega contra la Empresa Lucas Forestal, S.L., el Instituto Nacional de la Seguridad Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre cantidade nos que recaeu sentenza, con data do 10.9.2015, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido

Que se desestima a demanda interposta por Mutua Gallega fronte á empresa Félix David López López, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia:

– Absólvese a empresa Lucas Forestal, S.L. e o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social das pretensións fronte a eles exercidas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Lucas Forestal, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de setembro de 2015

O secretario xudicial