Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40260

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Manuel Ventura Figueroa

ANUNCIO polo que se publica a convocatoria de axudas ao estudo para o curso académico 2015/16 desta fundación.

Ao presidente da Fundación Manuel Ventura Figueroa, en virtude da delegación efectuada polos membros do Padroado na súa reunión do día 25 de xuño de 2015, correspóndelle aprobar a convocatoria das axudas ao estudo para o curso académico 2015/16, con suxeición ás bases da convocatoria cuxo texto pode consultarse na seguinte páxina web (https://sites.google.com/site/fundacionmvfigueroa/).

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes no lugar e durante o prazo establecido na convocatoria mediante o modelo que figura como anexo nela.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2015

Román Rodríguez González
Presidente do Padroado da Fundación Manuel Ventura Figueroa