Mediante este anuncio faise público que o Pleno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 9 de setembro de 2015, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o convenio urbanístico subscrito con Endesa Generación, S.A., o día 19.5.2015, para a cesión ao concello de diversos terreos.
O dito convenio sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, e estará á disposición na Secretaría do concello.
As Pontes de García Rodríguez, 18 de setembro de 2015
P.D. (Decreto 1251/2015, do 3 de xullo)
Antonio Alonso Román
Concelleiro-delegado de Facenda, Patrimonio, Urbanismo e Servizos