Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40258

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

ANUNCIO de información pública sobre adecuación de local e apertura de actividade de taller de reparación de automóbiles no parque empresarial de Pazos.

José Antonio Blanco Blanco, en calidade de representante da mercantil Talleres Global Car Padrón, S.L. solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a adecuación de local e apertura de actividade de taller de reparación de automóbiles que se situará na rúa circular leste, parcela 29, do parque empresarial de Padrón, no lugar de Pazos. En cumprimento do disposto polo artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este -que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG- poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Padrón, 9 de setembro de 2015

Antonio Fernández Angueira
Alcalde