Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 23 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica á persoa interesada o requirimento en relación co procedemento por falta de pagamento P-094/10.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o requirimento de pagamento que se detalla no anexo. A eficacia deste anuncio queda supedita á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 23 de setembro de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Exp. falta de pagamento: P-094/10.

Exp. construción: PO-3059, conta 41.

Nome: Félix Cabaleiro Cabaleiro.

Enderezo: barriada San Pedro 41, portal 8-1º D, Marín, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Indicación do contido: consonte o artigo 82 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, requirímolo para o pagamento dos 132 recibos vencidos e non satisfeitos por un importe total de 343,61 €, da vivenda que ten adxudicada en acceso diferido, correspondentes ao período comprendido entre o 1.1.1996 e o 1.10.2012. Concédeselle un prazo de 15 días hábiles para que se poña ao día nas súas obrigas e proceda ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Abanca, ou se presente en trámite de audiencia nesta área provincial co fin de achegar os documentos ou xustificacións que considere convenientes.

Advertímoslle que, en caso de non atender este requirimento, se procederá á resolución do contrato co conseguinte lanzamento para a súa posterior adxudicación a outros beneficiarios.