Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada para a planta de tratamento de residuos Marpol tipo C e aceites usados que Ingaroil, S.L. posúe no concello das Somozas (A Coruña) (expediente 2015-IPPC-M-1).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Proxecto básico de solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada para a planta de tratamento de residuos Marpol tipo C e aceites usados das Somozas. Maio de 2015».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I
Memoria resumo

Clave do expediente: 2015-IPPC-M-1.

Peticionaria: Ingaroil, S.L.

Domicilio social: avda. de Santiago, nº 23, 15840 Santa Comba, A Coruña.

Localización da instalación: Parque Empresarial As Somozas, As Somozas, A Coruña.

Actividade: ampliación da capacidade de almacenamento da planta de tratamento de residuos Marpol tipo C e aceites usados.

Descrición: a actividade da planta consiste no tratamento de residuos Marpol tipo C e aceites usados, mediante un pretatamento de filtración, decantación e centrifugación e un tratamento no evaporador-condesador, obtendo tras paso por centrifugación un produto combustible «simil gasóleo», e obtendo, tras paso dos gases incondensables por un separador un subproduto «combustible lixeiro» utilizado na propia instalación. A planta considera como unha actividade opcional producir enerxía mediante dezaseis grupos motores-xeradores alimentados polo combustible simil gasóleo. A planta modificarase para aumentar a súa capacidade de almacenamento, implantando dous novos depósitos de almacenamento de 1.000 m3 cada un. Esta implantación leva consigo unha serie de pequenas modificacións auxiliares, como son a construción dun novo cubeto (III), a adecuación da zona de limpeza e lavada de camións cisterna, a formación dunha coieira, a modificación e ampliación da vía de circulación, a ampliación da praia de carga e descarga de camións cisterna, e a ampliación e adecuación das medidas de protección ante incendios.

Verteduras: existen dúas redes separadas de augas residuais. Unha recolle as augas fecais e pluviais, que se conectan sen tratamento previo á rede de sumidorios municipal. Outra recolle as verteduras accidentais, as augas residuais de proceso e as augas de limpeza das instalacións, que van a unha balsa separadora de fases, cuxa auga resultante, mesturada con lodos de hidrocarburos, é entregada a xestor autorizado.