Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura gasista denominada Antena de aproximación en MOP 10 bar, estación de regulación e medida (ERM) MOP 10/4 bar e rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 4 bar a Burela (Lugo), promovida pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2015/10-0).

Para os efectos previstos nos artigos 73 e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, nos artigos 78 e 96 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP) e nos artigos 18 da Lei de expropiación forzosa e 17 do seu regulamento, sométese ao trámite de información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura gasista denominada «antena de aproximación en MOP 10 bar, estación de regulación e medida (ERM) MOP 10/4 bar e rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 4 bar a Burela (Lugo)», que promove a empresa Gas Galicia SDG, S.A. e que está declarada de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.

• Peticionaria.

Gas Galicia SDG, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

• Antecedentes.

O 31.5.2012 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Burela (Lugo), que se publicou no Diario Oficial de Galicia (24.8.2012) e no Boletín Oficial da provincia (27.8.2012). Segundo consta neste proxecto de autorización administrativa, a subministración de gas natural proxéctase a través dunha planta de gas natural licuado (GNL), situada na zona de ampliación do polígono industrial, e desde a cal parte a rede de distribución cara ao núcleo urbano de Burela, que acada unha lonxitude de 18.854 m.

• Obxecto da petición.

O 4.6.2015 a empresa Gas Galicia SDG, S.A. presentou a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura gasista, cuxo proxecto leva por título «antena de aproximación en MOP 10 bar, estación de regulación e medida (ERM) MOP 10/4 bar e rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 4 bar a Burela (Lugo)».

O 26.6.2015 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se iniciou o trámite de competencia para o outorgamento da dita autorización administrativa (DOG núm. 133, do 16 de xullo) en relación co ramal de distribución (antena+ERM), para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP). Durante o prazo establecido (30 días) non se presentaron solicitudes en concorrencia coa dita solicitude de Gas Galicia SDG, S.A., por tanto, o trámite de competencia quedou resolto a favor desta empresa.

Con esta infraestrutura gasista, a subministración de gas natural á rede de distribución do termo municipal de Burela, inicialmente proxectada desde unha planta satélite de GNL, pasará a realizarse desde o gasoduto de transporte básico da Mariña lucense.

A autorización de instalacións que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 103 e 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados, necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

• Descrición das instalacións.

O proxecto titulado «antena de aproximación en MOP 10 bar, estación de regulación e medida (ERM) MOP 10/4 bar e rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 4 bar a Burela (Lugo)», recolle a instalación dunha antena de aproximación, dunha estación de regulación e medida (ERM) e da rede de distribución de gas natural canalizado en Burela.

As instalacións de gas obxecto deste proxecto resúmense nun total de 18.219 m de tubaxe de polietileno e aceiro de diferentes diámetros e o seu alcance resúmese nos seguintes puntos:

– Execución dunha antena de aproximación en 10 bar, desde a posición de conexión á rede de transporte (ERP 05-gasoduto de transporte básico da Mariña lucense; instalada no lugar de Lamacede, no municipio de Cervo), ata a ERM que se vai instalar. O trazado inicial da antena, que discorre polo termo municipal de Cervo, é obxecto doutro proxecto.

– Instalación dunha ERM MOP 10/4 bar Q 2500 D, que se instalará na rúa Luís Seoane.

– Execución da rede de distribución en MOP 4 bar no núcleo urbano de Burela, que terá o seu inicio na ERM que se vai instalar e terá unha lonxitude de 17.080 m.

– Instalación de válvulas de corte para a regulación e control do fluxo de gas no interior da rede de distribución.

• Termo municipal afectado.

A solicitude afecta o termo municipal de Burela, na provincia de Lugo.

• Orzamento.

O orzamento das instalacións ascende á cantidade de novecentos once mil cento trinta e dous euros con setenta e sete céntimos (911.132,77 €).

• Afección a predios particulares.

A afección a predios particulares derivada da execución do proxecto titulado «antena de aproximación en MOP 10 bar, estación de regulación e medida (ERM) MOP 10/4 bar e rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 4 bar a Burela (Lugo)», concrétase na seguinte forma:

a) Imposición de servidume permanente de paso de gas ao longo do trazado da condución, cunha largura de tres (3) metros, un e medio (1,5) a cada lado do eixe, por onde discorrerá soterrada a tubaxe e o cable de comunicación e telemando que se requiran para a condución do gas. Esta servidume que se establece estará suxeita ás seguintes limitacións de dominio:

– Prohibición de efectuar traballos de arada, cava ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos de tronco alto.

– Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construción, edificación, movemento de terras ou efectuar algún acto que rebaixe a cota do terreo ou poida danar ou perturbar o bo funcionamento das instalacións.

– Libre acceso do persoal e equipamentos necesarios para a vixilancia e para manter, reparar ou renovar as instalacións, co pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

– Posibilidade de instalar os fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como de realizar as obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para isto.

b) Contigua á zona de servidume permanente antes detallada existe unha zona de seguranza, definida na norma UNE 60.305.83 (que se adopta para as canalizacións de polietileno, de desenvolvemento posterior, por requiriren a mesma protección que as tubaxes de aceiro), que se estende ata cinco (5) metros a cada lado do eixe da canalización, na cal a execución de escavacións ou obras pode representar un cambio nas condicións de seguranza da canalización e na cal non se dan as limitacións anteriores nin se prohiben as obras incluídas como prohibidas na zona de servidume de paso, sempre que se informe previamente o titular da instalación para a adopción das accións oportunas que eviten os riscos potenciais para a canalización.

c) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, na franxa que se reflicte para cada parcela nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer temporalmente todo obstáculo e realizaranse os traballos ou operacións necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo proxecto titulado «antena de aproximación en MOP 10 bar, estación de regulación e medida (ERM) MOP 10/4 bar e rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 4 bar a Burela (Lugo)», na relación que se insire como anexo a esta resolución, para que poidan examinalo na Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, ou na Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, e presentar nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de 20 días a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. Os planos parcelarios poderán ser igualmente consultados no Concello de Burela.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Relación de predios afectados polo proxecto de «antena de aproximación
en MOP 10 bar, estación de regulación e medida (ERM) MOP 10/4 bar e rede
de distribución para subministración de gas natural en MOP 4 bar a Burela (Lugo)»

Abreviaturas utilizadas: SP-servidume permanente de paso; OT-ocupación temporal; POL-polígono; PAR-parcela; LU-Lugo; BU-Burela.

Termo municipal: Burela (Lugo).

Nº de predio

Titular e enderezo

Afección

Catastro

Lugar

Natureza

SP

OT

POL

PAR

ml

m2

m2

LU-BU-8

Concello de Burela

Rúa Eijo Garay, 20

27880 Burela (Lugo)

253,00

647,00

1.535,00

61

348

Cemiterio municipal

Aparcadoiro

LU-BU-9

Mª Jesús e Indalecio Murados Rodríguez

R/ do Río, 16, 27880 Burela (Lugo)

59,00

135,00

  338,00

61

292

Puida

Eucaliptal

LU-BU-10

Herdeiros de María Castro Fernández (representante: Irene González Castro)

Avda. Arcadio Pardiñas, 102, 5º B, 27880 Burela (Lugo)

21,00

53,00

  152,00

61

291

Puida

Eucaliptal