Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se someten a información pública o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e a declaración de utilidade pública en concreto, coa necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto de repotenciación do parque eólico de Cabo Vilán, no concello de Camariñas (expediente IN661A 2012/1-1).

Mediante Resolución do 30 de abril de 2014, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e do estudo de impacto ambiental referidos á repotenciación do parque eólico de Cabo Vilán, no concello de Camariñas (DOG núm. 95, do 20 de maio). Na dita resolución recóllense as características técnicas da dita repotenciación.

O 18 de setembro de 2015 a empresa promotora Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U. presentou ante esta xefatura territorial a solicitude de aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal relacionado coa repotenciación do parque eólico Cabo Vilán e insta a declaración de utilidade pública das súas instalacións.

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Decreto 138/2010, do 5 de agosto, polo que se establece o procedemento e as condicións técnico-administrativas para a obtención das autorizacións de proxectos de repotenciación de parques eólicos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico de Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública:

– O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal presentado pola empresa Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U. e a súa declaración de utilidade pública.

Esta declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

O que se fai público para o coñecemento xeral dos propietarios dos predios que figuran no anexo a esta resolución, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examinar o expediente, na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, e presentar as súas alegacións no prazo de trinta días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución ou a partir da correspondente notificación individual aos afectados.

Para idénticos efectos, e no prazo de 30 días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal correspondente ás instalacións da repotenciación do parque eólico de Cabo Vilán poderanse examinar nesta xefatura territorial, así como no Concello de Camariñas.

A Coruña, 28 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados pola repotenciación do parque Cabo Vilán

Nº parc.

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Propietario

Afección

Políg.

Parc.

CIM m2

Plat. m2

Voo m2

Vía m2

Gabia m2

Nº aero

1

001

214

Cabo Vilán

Monte baixo

Concello de Camariñas

845

73

990

CV-01

2

001

9012

Cabo Vilán

Camiño

Concello de Camariñas

663

493

30

CV-01

3

001

215

Cabo Vilán

Monte baixo

Concello de Camariñas

225

2.382

2.817

899

780

CV-01

4

001

9011

Cabo Vilán

Camiño

Concello de Camariñas

3.644

60

5

001

215

Cabo Vilán

Monte baixo

Concello de Camariñas

1.387

890

2.112

CV-02

6

001

215

Cabo Vilán

Monte baixo

Concello de Camariñas

225

1.989

2.715

215

396

CV-02

8

001

14

Collenda

Monte baixo

Concello de Camariñas

363