Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai público o outorgamento da concesión de explotación denominada Ampliación As Revas, 5873.1 en Mondoñedo.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo, fai saber que mediante resolución do director xeral de Enerxía e Minas, do 18 de xaneiro de 2011, se outorgou a Pizarras Veira do Río, S.L. a concesión de explotación que a seguir se describe:

Nome: Ampliación As Revas.

Número de expediente: 5873.1.

Recurso: lousa.

Termo municipal: Mondoñedo.

Superficie: cinco (5) cuadrículas mineiras.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Lugo, 21 de setembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo