Mediante Resolución desta dirección xeral do 10 de decembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 242, do 18 de decembro) convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria.
Por Resolución do mesmo órgano, do 24 de abril de 2015 (Diario Oficial de Galicia nº 82, do 4 de maio) modificouse o anexo I da antedita resolución, ampliando o número de prazas convocadas e reabrindo o prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso.
Por Resolución do 1 de xullo de 2015 (Diario Oficial de Galicia nº 131, do 14 de xullo) procedeuse á publicación da relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.
Logo de finalizado o prazo de emenda previsto na base sexta da resolución de convocatoria, e de conformidade co disposto na citada base, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2014, modificada por Resolución do 24 de abril de 2015.
Segundo. As listas coa relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo de exclusión, e os/as declarados/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega, poderán examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Terceiro. De conformidade coa base 6.3 da Resolución do 10 de decembro de 2014, contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde a mesma data.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2015
Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos