Raquel Blanco Pérez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 dos de Ourense, fago saber que neste xulgado e co número 520/2012 se segue por instancia de Berta Rodríguez Méndez expediente para a declaración de ausencia do seu marido Manuel Andrés Palacio Vaquero, natural de Ourense, veciño da avenida da Universidade número 45, 6º esquerda, Ourense, quen desapareceu do seu domicilio a noite do 5 ao 6 de xaneiro do ano 2011, sen que se teñan del noticias desde a dita data, ignorándose o seu paradoiro. O que se fai público para que os que teñan noticias da súa existencia poidan poñelo en coñecemento do xulgado e ser oídos.
Ourense, 12 de xaneiro de 2015
A secretaria xudicial


