Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 23 de outubro de 2015 Páx. 41059

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (818/2013).

MMC modificación de medidas suposto contencioso 818/2013-M

Procedemento orixe: familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial consensuado 111/2011

Sobre modificación de medidas

Demandante: Laura Yelitza Martínez Cisneros

Procuradora: Lucía Saco Rodríguez

Avogado: Ángel García González

Demandado: Machado Richard Oswaldo Álvarez (rebelde).

Regina Domínguez Cougil, secretaria xudicial do Xulgado Primeira Instancia número 6 de Ourense, polo presente anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de Laura Yelitza Martínez Cisneros, representada pola procuradora Lucía Saco Rodríguez, fronte a Machado Richard Oswaldo Álvarez, declarado en rebeldía procesual, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza de modificación de medidas definitivas número 1089/2015

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

En Ourense o 3 de setembro de 2015.

Vistos os presentes autos número 818/2013, sobre modificación de medidas, promovidos pola procuradora Sra. Saco, en nome e representación de Laura Yelitza Martínez Cisneros como demandante, asistida polo letrado Sr. García, fronte a Richard Oswaldo Álvarez Machado, que foi declarado en rebeldía.

Resolución

Desestimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Saco en nome e representación de Laura Yelitza Martínez Cisneros fronte a Richard Oswaldo Álvarez Machado.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (arts. 457 e ss. LAC) ante este tribunal, polo Ministerio Fiscal.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe».

E encontrándose o devandito demandado, Machado Richard Oswaldo Álvarez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 4 de setembro de 2015

A secretaria xudicial