Mónica Piñera Magdalena, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fago saber que ditou sentenza en data 11 de novembro de 2014 Berta Vidal Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, nos autos de xuízo verbal 221/2014, promovidos por Carmen Dios Romero, representada pola procuradora dos tribunais María Soledad Sánchez Silva e asistida polo letrado Rafael Vede contra Sabino Dios Buela, en situación de rebeldía procesual.
Contra a dita resolución cabe recurso de apelación no prazo de 20 días contados a partir do seguinte á súa notificación.
E, de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, por medio deste notifícase a Sabino Dios Buela, en paradoiro descoñecido e a quen así mesmo se fai saber que poderá ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.
Padrón, 22 de xuño de 2015
A secretaria xudicial


