Eu, Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 817/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alcelir da Conceição Pereira da Silva contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, MC Mutual e Rogomovil Vigo, S.L., sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución:
«Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Alcelir da Conceição Pereira da Silva, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e MC Mutual, Mutua de Accidentes de Traballo, e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as entidades demandadas das pretensións contra esta articuladas.
Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.
En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E para que sirva de notificación en legal forma a Rogomovil Vigo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia».
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 1 de outubro de 2015
A secretaria xudicial


