Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 29 de outubro de 2015 Páx. 41837

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 22 de setembro de 2015 pola que se fai pública a oferta educativa das ensinanzas deportivas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2015/16.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG número 199, do 19 de outubro de 2015, cómpre realizar as seguintes correccións:

– Na páxina 40463 do anexo figuran ofertadas no IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes de Lugo as ensinanzas técnico-deportivas de grao medio e superior en Atletismo, con códigos XM01005 e XS01005, respectivamente.

As ditas ensinanzas deben figurar cos códigos LM01008 e LS01008, respectivamente.

– Na páxina 40464 do mesmo anexo figuran ofertadas no IES As Barxas de Moaña as ensinanzas técnico-deportivas de grao medio e superior en Atletismo, con códigos XM01005 e XS01005, respectivamente.

As devanditas ensinanzas deben figurar cos códigos LM01008 e LS01008, respectivamente.