Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2015 Páx. 41959

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2015 pola que se convoca a xornada de formación SCA15: as persoas detrás dos uniformes.

Dentro do programa anual de actividades para o ano 2015 da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) aprobado polo Consello Reitor deste organismo con data do 23 de decembro do ano 2014, convócanse unha xornada de formación SCA15: as persoas detrás dos uniformes, conforme as seguintes bases:

Primeira. Destinatarios/as

Esta xornada está dirixida ao persoal dos corpos da Policía Local de Galicia, así mesmo a todo o persoal das forzas e corpos de seguridade pública e emerxencias que traballan en Galicia, así como a todos aqueles profesionais vinculados coa materia obxecto de debate e demais interesados en xeral.

Segunda. Desenvolvemento da actividade

Lugar: Academia Galega de Seguridade Pública.

Datas: 5 de novembro de 2015.

Horario: das 16.00 a 20.00 horas.

Número de prazas: ilimitado.

Horas lectivas: 4.

Contido: as persoas detrás dos uniformes: experiencias prácticas e reais.

Terceira. Solicitudes

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.es). Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas dará lugar a exclusión automática da xornada, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte este feito.

3. O prazo de presentación de solicitudes será de tres (3) días naturais desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarta. Admisión

A Agasp publicará na súa páxina web a relación das persoas seleccionadas para participar na xornada.

Quinta. Asistencia

Obrigatoria.

A Estrada, 26 de outubro de 2015

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública