Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2015 Páx. 41964

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2015 pola que se adhire unha entidade financeira ao convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas subscrito coas sociedades de garantía recíproca e coas entidades financeiras adheridas (Re-solve 2015).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 10 de abril de 2015, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras do Programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2015). As ditas bases son publicadas mediante Resolución do 5 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño).

Xunto co texto desas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Con data do 24 de setembro de 2015 ratifícase a adhesión da entidade financeira Cajas Rurales Unidas, Sociedad Cooperativa de Crédito, polo que cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e do artigo 11.1.a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o regulamento do Igape,

RESOLVO:

Único. Engadir a entidade financeira Cajas Rurales Unidas, Sociedad Cooperativa de Crédito á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, asinado o 5 de xuño de 2015.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica