Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 3 de novembro de 2015 Páx. 42040

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Consonte o establecido non artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2015

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do
Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación cos artigos 72 e 77 da Lei galega 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral da Estado-Comunidade Autónoma de Galicia adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. De conformidade coas negociacións previas celebradas polo grupo de traballo constituído en cumprimento do previsto no Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia do 17 de marzo de 2014, para o estudo e a proposta de solución das discrepancias competenciais manifestadas en relación cos artigos 72 e 77 da Lei galega 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, ambas as partes considéranas liquidadas en canto aos ditos artigos 72 e 77, de conformidade co seguinte compromiso:

As partes acordan que a Xunta de Galicia promoverá a modificación dos preceptos considerados e acometerá os desenvolvementos regulamentarios necesarios co fin de que, no prazo de seis meses a partir da publicación deste acordo, o procedemento para o outorgamento da autorización comercial autonómica integre a intervención da Administración urbanística e do resto das administracións con competencias sectoriais afectadas.

Segundo. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, así como inserilo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 24 de setembro de 2015

Cristóbal Montoro Romero

Ministro de Facenda e Administracións Públicas

Alfonso Rueda Valenzuela

Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza