Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 6 de novembro de 2015 Páx. 42422

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 22 de outubro de 2015 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil e primaria de Meira (Lugo).

De conformidade co previsto no artigo 8.1 do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Lugo.

Concello: Meira.

Código: 27006735.

Denominación actual: Colexio de Educación Infantil e Primaria de Meira.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Poeta Avelino Díaz.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria