Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 6 de novembro de 2015 Páx. 42423

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2015 pola que se publica a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos para o ano 2015.

A Lei 36/2014, do 26 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2015, establece que ao longo do presente ano non se procederá no sector público á incorporación de novo persoal, e exceptúase da citada limitación unha serie de sectores e administracións que se recollen no artigo 21 da citada norma, respecto dos cales se determina que se aplicará unha taxa de reposición de ata un máximo do 50 por cento. Dentro desta excepción inclúese o persoal de administración e servizos das universidades, sempre que por parte da Xunta de Galicia se autoricen as correspondentes convocatorias.

No mesmo senso, o artigo 36 da Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, establece unha taxa de reposición nas universidades integrantes do Sistema universitario de Galicia como máximo dun 50 por cento, tamén nas prazas de persoal de administración e servizos, respectando as dispoñibilidades orzamentarias do capítulo I.

As correspondentes convocatorias deberán de ser autorizadas pola Consellería de Facenda, logo de acreditación de que a oferta de emprego público das mencionadas prazas non afecta o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria.

Pola súa parte, o artigo 70 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, establece a oferta de emprego público como mecanismo de planificación das necesidades de selección de persoal nas administracións públicas.

En todo caso, a execución desta oferta de emprego público deberase desenvolver dentro do prazo improrrogable de tres anos, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación nos diarios oficiais.

Conforme a normativa citada, a oferta debe incluír as necesidades de recursos humanos de carácter permanente con asignación orzamentaria que non poden ser cubertas cos efectivos existentes. Na vixente relación de postos de traballo existen actualmente 87 prazas vacantes con consignación orzamentaria, cubertas maioritariamente polo persoal interino preciso para prestar os necesarios servizos; non obstante, con motivo das taxas de reposición que se veñen establecendo pola normativa básica estatal, unicamente pode ofertarse o número de vacantes establecido no presente acordo.

Polo exposto, logo da negociación cos órganos de representación do persoal de administración e servizos, emitida a preceptiva autorización pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, con data 22 de outubro de 2015, e conforme o Acordo do Consello de Goberno, do 27 de outubro de 2015, polo que se aproba a oferta de emprego público de persoal funcionario de administración e servizos para o ano 2015.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada por Resolución reitoral do 16 de xaneiro de 2012,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos da Universidade da Coruña para o ano 2015, en quenda de acceso libre:

Escalas especiais

Subescalas

Subgrupo

Total de prazas

Escala técnica superior

Relacións internacionais

A1

1

Escala técnica de grao medio

Relacións internacionais

A2

1

Escala técnica de servizos

Auxiliar de servizos

E-AP

2

Segundo. As prazas ofertadas constan como vacantes na relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos desta universidade.

Terceiro. As convocatorias dos procesos selectivos e as súas bases publicaranse no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 28 de outubro de 2015

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña