Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42610

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (278/2015).

Eu, María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 278/2015 deste xulgado do social, se ditou Resolución do 16 de setembro de 2015, dirixida a De Acacia y Olivo, S.L., que poderá interpor os oportunos recursos de suplicación no prazo de cinco días; fáiselle saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a De Acacia y Olivo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de outubro de 2015

A secretaria xudicial